1.12.09
Que é Agrega?
Contenidos digitales educativos from Agrega Contenidos Educativos on Vimeo.
Comentarios
25.11.09
Galego para docentes
Pechei o dominio antonvicente.es e agora toda a web está nunha nova ubicación grazas aos compeñeiros do CEFORE de Pontevedra. Actualicei algún dos contidos pero se atopades cousas que non vaian avisade para mellorar esta base de datos con ferramentas e recursos que temos en galego.Pinchade na imaxe para ver o novo enderezo.
Comentarios
23.8.09
Galiñaescolas
Tiñamos logo pero agora tamén himno.
E para escoitar o tema enteiro:
La Galinha Azul - The Blue Birds
Comentarios
20.8.09
25.4.09
13 Rue del Percebe
Acabo de facer unha presentación sobre este singular edificio. Queda moito que dicir, así que cando teña un tempo igual fago unha segunda parte ou amplio esta.13 Rue Del Percebe
View more presentations from anegado.
Comentarios
21.3.09
Temos xa 5 anos
No mes de marzo de 2004 empezaba este blog con novas sobre as TICs e o galego. Desde aquela pasaron moitas cousas (ou non demasiadas, depende do punto de vista e as expectativas de cadaquén). Como estamos de aniversario hai que celebralo cun anaquiño de torta.
Comentarios
23.2.09
loloKarolo
Chega o loloKarolo: unha ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes. Unha boa iniciativa do portal de contidos educativos da Xunta que inclúe un editor para que poidamos subir os nosos arquivos sonoros en mp3 e así poder traballar con eles.Comentarios
8.2.09
A fala
Hoxe máis que nunca é un bo momento para escoitar este poema de Manuel María na voz de Roi Casal.O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
precisamos a lingua
se queremos vencer!
A fala - Manuel María
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
precisamos a lingua
se queremos vencer!
A fala - Manuel María
Grazas a A. Ferrer e á súa blog Mil primaveiras máis.
Comentarios
7.2.09
Primewares
O Freeware World Team (a base de datos con programas freeware que funcionan baixo windows) muda de nome e enderezo: agora somos PRIMEWARES e o enderezo é moito máis sinxelo que o anterior: http://www.primewares.com . De momento non todo vai ao 100% pero imos polo bo camiño. Lembra que contamos xa con 337 programas freeware en galego nesta base de datos de máis de 36 mil programas.Comentarios
27.1.09
Imaxes Interactivas
Na interesante e recomendable páxina da redeTIC acaban de publicar a web de Imaxes Interactivas pola que cos Compañeiros Fran Macías e Felo Couto conseguimos o 1º Premio das Ferramentas de Autor na Convocatoria dos Premios da Sociedade da Información 2008. Podedes descargar o editor para Windows ou linux ou traballar cos exemplos que fixemos.Comentarios
19.1.09
Día da Paz
Nestes momentos difíciles para o Pobo Palestino e a dez días do Día da Paz lémbroche o xogo que fixeramos o ano pasado dentro do Proxecto Xogamos. Podedes xogar directamente desde este blog ou clicando aquí.Comentarios
28.12.08
Actividade Lúdica con LIM
Ademáis de todo o potencial que ten LIM para crear paquetes de actividades educativas, tamén podemos realizar xogos de caracter esencialmente lúdico ou puros divertimentos. Nesta ocasión, fedellando co tipo de actividade "Mover imaxes" fixen este paquete no que seguindo as regras da brisca tes que gañar cada man.... Sorte!.Comentarios


